20070506

Un repaso ás novas

Este domingo xa levo dúas entradas, con fotos da comida social do Tesón. Esta terceira é só para comentar algunhas novas.
A primeira, un comentario na entrada sobre o 'sábado electoral' sobre a commemoración do nacemento do 'Viejo Pancho' en Tala, a súa vila de acollida no novo mundo, é só unha referencia.
A segunda non é de Ribadeo, senón de Foz. Onte atopeime coa excursión da terceira idade de Foz nunha parada no camiño, e sorprendeume que tiñan tiquets apra a consumición. Foi un detalle rápido que despois non confirmei, pero apostaría algo que así era. Ou sexa, un viaxe pagado en beneficio dun político. Mentras, endurécense no pobo as protestas para pedir urxencias en Foz... pero 350 votos cunha excursión, que é o que se procura, non son de desprezar nun pobo no que pode significar un concellal.
A segunda tampouco é de Ribadeo, senón de Viveiro: un construtor pide máis de 120 millóns das antigas pesetas (740000€) polo derribo de plantas dun edificio que foi autorizado no 'tempo de desponto' pola anterior corporación municipal. Non sei se progresará o asunto ou non, pero é cousa de repensar o das legalizacións dos edificios elegais pretendida en Ribadeo.
As outras son de Ribadeo: pasado o prazo convido no pleno, o PXOM segue sen estar exposto. E Andina aproveita.
A asociación de veciños de Rinlo téno claro: vota PSOE. Eso se desprende da petición sobre a piscifactoría e o xeito no que a está a facer, segundo os diarios de hoxe. Pero... a cousa está no xulgado, e a política, polo momento, non debe ter nada que dicir. Non si?
Hai máis, pero quedan para outro momento. A foto (correspondentes ó aviso de Gondán de que terá que reformar o novo barco para que pase por baixo da Ponte dos Santos, que parece que perderá altura), amosan uns ferros que dan unha indicación dunha pequena diminucón de altura (aínda que non se vexo moi ben na foto...).

Ningún comentario: