Fálase moitas veces (ben é certo que máis en relación á presidencia de goberno e non tanto ós concellos) de 100 días de graza para os novos gobernantes. Sumando, sae o 24 de setembro como o día no que xa se comezaría a esixir despois dun período de 'permisividade' para os gobernantes. 'Permisividade' que e diferente para os asuntos do día a día que para obras novas e demáis, para os temas que teñen inercia e costa traballo cambiar que para os que non, ... é dicir, que é relativa, e que neses '100 días' hai que ver xa un cambio de traxectoria e que non sempre se concede como 'gracia'. E eso é o que parece que está a pasar, o do cambio de fondo para facer as cousas, e tamén o que está a producir os primeiros resquemores na que xa e'oposición'.
Polo momento, respeto ós días de graza, o goberno en minoría é o primeiro que eu lembre dende a democracia, e a proposta do alcalde de ter uns cartos para dividir entre os partidos tamén resulta novidosa e non sei se moi ben comprendida: suma da anterior cantidade de adicacións excusivas e división entre dous; metade para o alcalde, metade para os partidos. Así, non hai aumento de gastos por esa vía, o alcalde cobra máis que o que cobraba o tenente de alcalde e quedan cartos para libre disposición dos partidos. Pode ser unha idea, aínda que eso de 'de libre disposicion' non sone moi ben e os cartos que tocan a cada partido non den para unha liberación dunha persoa no partido para o traballo no concello.
E en relación ós primeiros resquemores, quen foi primeiro falar co PP e tivo conversas infrutuosas co BNG (ben é certo que unha persoa fixo unha cousa e o resto do partido estaba a dar outra imaxe) di agora que non comprende que primeiro se fale co PP dende a alcaldía, e que a xuntanza BNG - PSOE non tivo a mesma categoría que a BNG - PP.
'Xa somos maiores' sería o lema que habería que mencionar en relación á nova disposición de que os domingos durante cinco horas os camións non poderán circular pola N634: é unha norma que existe para os fins de semana das estradas nacionais da comunidade de Madrid dende hai tempo. É dicir, algo así como o achegamento ó 'estatuto de cidade' que ás veces se presenta como un obxectivo dos políticos ribadenses, aínda que non veña motivado de xeito direito por ser ribadeo unha cidade.
Un novo día despexado e limpo. Atmosféricamente. E dous concertos, un a cargo de xente da banda e da escola de música no Gregorio Sanz e outro da coral do Sagrado Corazón no mesmo centro.
2 comentarios:
Con relación a división dos cartos que facía o alcalde eu entendo así:
Partir entre dous a suma total do importe das dedicacións de antes. Unha mitade, mais unha peseta, para o alcalde e a outra mitade para o partido (non os partidos)obxeto do pacto, que era o PSOE. Logo o PSOE que lla adxudicara a quen quixera do partido.
Todo para o pobo pero os cartos... durante catro anos chegou unha cantidade, agora sumamos duas e desprendidamente non nos quedamos con todo, deixamos a mitade para o resto dos políticos...Outra proposta o soldo do anterior alcalde para contratar xente fixa para o servizo de limpeza viaria, ou para crear unha oficina de atención o cidadán. Discriminados
Publicar un comentario