20070615

15 de xuño en Ribadeo: do ermo

Hoxe cúmprense 30 anos das primeiras eleccións post-franquismo. Coido que non hai celebración algunha en Ribadeo. En breve, pode deberse ben a que se considera que non ten importancia a cousa e polo tanto non hai que conmemorala, ben a que non se quere facelo ou a que non hai humor para facelo. No primeiro caso, pode ser ben porque non se considera a democracia ou ben porque se considera que a democracia actual non aportou moitas avantaxes sobre o sistema anterior. No segundo, pode ser que se preferiría o sistema anterior ou ben que haxa intereses en non celebralo. No terceiro caso, que se está en vilo polo que pasará o día seguinte, o 16, día da investidura do novo alcalde que aínda non se sabe quen será, e que representa o primeiro día do futuro (polo demáis, como calquera outro).
Vamos, para cavilar un cacho sobre 30 anos de historia recente (política, pero tamén social e non só económica...) tanto en España como en Galicia e tamén en Ribadeo.

Ningún comentario: