Este ano xa viñeron as bandeiras azuis: Ribadeo, 2 nas praias. De calquera xeito, coido que a mellor que poderiamos ter é a da ría en conxunto, pero a ver se este verán está ordeado o tráfico e se pode bañar un nela sen medo ás motos acuáticas é á súa velocidade, por exemplo. A boa nova foi comentada polo tenente de alcalde, en ausencia do titular. Tenente de alcalde que leva camiño de converterse nun dos alcaldes máis novos de Ribadeo, o primeiro que se formou no actual 'Porta da Auga'...
Dous comentarios xerais: 'Tal vez, la mejor defensa de la humanidad frente a la barbarie siga siendo una buena educación, pues la verdad no se impone, se aprende', é unha frase dun artigo de Ilia Galán sobre a intolerancia relixiosa, pero que aproveito para sumarlle outra, esta de Daniel Baremboim citando ó ex presidente alemán Johannes Rau: 'nunca deberiamos confundir o patriotismo e o nacionalismo. Un patriota é alguén que ama o seu país natal. Un nacionalista é alguén que despreza os países natais dos demáis'. Xunto as dúas porque coido que o sentido das verbas pode cambiar duns lugares, ambientes e contextos a outros. Pode que nalgún contexto, debera chamársele 'bloque patriota galego' ó partido que sacou máis votos en Ribadeo nas últimas eleccións, pois despois dunha longa travesía, non creo que acepten ser catalogados de algo como 'antipatrias alleas'. É algo no que levo pensado dende hai tempo, cando o Voar patrocinaba os 'Foros de Debate' e veu creo que Sabater a defender unha postura totalmente antinacionalista dende, coido, un filtro de análise que para si quixeran algúns nacionalistas no sentido Baremboim-Rau (como atenuante forte, a persecución de ETA).
En fin, os comentarios está claro que van sobre a apertura/intransixencia do BNG. Como calquera entidade que pode decidir, supoño que estará sometida a vaivéns e períoos de maior ou menor apertura e tamén de intransixencia, pero alomenos en apariencia, non lle vexo unha especial distinción de intransixencia a un partido que se tilda de nazonalista pero que aínda non hai moito por boca dalgún representante próximo chamaba á colaboración coa outra beira da ría, por exemplo. Repito, o sentido das palabras pode variar segundo os contextos, e eu estou tranquilo (e coido que Ribadeo en xeral o está) sobre a intransixencia nazonalista (quizáis esteña máis preocupado pola intransixencia nacionalista). como dicía a primeira das frases citadas, é cuestión de formación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario