20070612

Calor e posibilidades

Ou posibilidades e calor, que tanto monta monta tanto. Eses foron os temas típicos de conversa onte: que ven o verán (astronómicamente o día 21, por temperaturas parece que xa comezou) e que se darán feito pacto ou non. Esto último, como se se falara do tempo: solu ou nubes, pacto ou non, en troques de ver se o pacto pode servir para Ribadeo ou para os partidos, se vai ser claro e público ou obscuro e secreto, ... Por certo, sorprende que sigue sen participar nas reunións BNG-PSOE o alcalde en funcións.
Mentres, dúas semanas despois do accidente do Nuevo Amadorín e da polémica carta, (ver entradas despois do 28 de maio, por exemplo, esta), agora si, a UXT denuncia que se vulnera a seguridade nos buques de pesca e pide inspeccións.
É o luns de denuncias. Tamén sobre as riadas do outro día en Ribadeo, botando culpa dos danos a obras novas: a autovía, o asfaltado de San Lázaro, ... pero estas fánse por parte de responsables do concello, en concreto Fernando Suárez, pois pola xente afectada xa foron feitas o mesmo día ou ó día seguinte.
E hai outras persoas que teñen outras cousas en que pensar: hoxe intranquilidade (ou tranquilidade), mañá, selectividade.

Ningún comentario: