20070619

Comezou a nova etapa

... no consistorio ribadense. Non se presenta unha etapa doada. Se ó comezo das negociacións eran outras as cousas a atender, agora van polo mesmo mantemento de forzas no equipo de goberno nun mandato que pode resultar extremadamente longo. Despois de non apoiar ó BNG o sábado (o PSOE), pode pasar calquera cousa, como que non lle sexa outorgada a dedicación exclusiva ó alcalde, o que despois de anos de alcaldes adicados ó concello en exclusica sería algo non moi ben visto polos veciños, incomprensible e nun primeiro momento alomenos achacando a responsabilidade ós grupos de oposición. O novo alcalde fala de pactos puntuais. Gobernando en minoría, non quedará outro remedio.
En fin, hoxe preséntase a nova revista Xerfa no IES Porta da Auga, e na súa portada levei unha pequena alegría. Mañá conto. Mentras, a ver se me paso polo concello hoxe...
Por certo, recollo unha nova de 'El País' que coido que ven a conto coas actitudes no concello. Pode ser un exercicio mental substituír palabras como "persoas", "partidos" e "concello de Ribadeo" no titular: "El genoma humano no es como se creía. Los genes no son independientes y el ADN 'basura' tiene funciones, según un estudio". Encaixa o crebacabezas?

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Penso que hai unha estratexia montada dende o PP e o PSOE para desgastar o BNG no goberno. Irán lentamente minándoo ata que o pobo vexa como normal unha moción de censura. Naturalmente que lle van a dar a adicación exclusiva, pero o mímino. O soldo da Veiga máis unha peseta.

Anónimo dixo...

O soldo da Veiga mais unha peseta está ben. Os políticos están por unhos ideais non polos cartos, ou debera ser asi.
Son catro. Poden facer pactos puntuais. Teñen un programa. Antes marcaron una linea ¿Van a cumprir? E o pobo coma sempre ten a palabra. Democracia=goberno do pobo.
Discriminados

Anónimo dixo...

Si nos partidos prevalecese o interese do pobo sobor dos partidos, e evidente que en Ribadeo deben chegar a acordos co PP, pois é o segundo partido mais votado, por enriba do PSOE. A maioría da cidadanía votou o BNG e despois o PP. Logo, tenen dereito a gobernar eles.
Escoller outra alternativa é defraudar os electores.

Anónimo dixo...

Regulamento de Participacion Cidada, transparencia na xestión, un concello sen acoso, abuso ou discriminación, zonas verdes, respeto a natureza...o millor parece que se pide moito e sinxelamente é o basico,o que tiña que ser o que debería ser.
Discriminados