A situación con Vilaselán comeza a normalzarse. A día de hoxe, entre Voar e a Ponte dos Santos, xa está aberto o paso por baixo da mesma ponte (se ben cortado por mor do desprendemento de hai dous anos), o paso por onde antes se entraba dende Asturias (o único realmente funcional hoxe para peóns e coches), está para abrirse esta mesma semana o da estrada de Vilaselán (variante leste), e xa pasan os coches polo da estrada variante oeste, onde se pode acceder á autovía en calquera dirección a traverso de dúas rotondas, e aínda que de terra, ten dúas saídas que conectan con Ribadeo, unha, pola parte da estrada de sempre (variante central a Vilaselán, con saída difícil) e outra pola variante oeste, que chega ó colexio das monxas. Máis adiante aínda, hai un paso baixo a antiga estrada N634 que non pasa por baixo a autovía ata preto do Maxi do Vilar, pero que está totalmente operativo. É dicir, os pasos vánse restablecendo aínda que polo momento non aparezan nin no Sixpac, o Sigpac, Google Earth e demáis... e hai un acceso á ponte pola vella estrada de Vilaselán. O que non se ve aínda é o paso de peóns e bicicletas cara á ponte, a pesares de que hai unha rampa de terra que parece indicar que algo vai haber alí.
As fotos, un día destes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario