20070613

Dúas nova en prensa

Non van de Ribadeo ó direito, pero si están contempladas aquí 'con Ribadeo ó fondo' pola súa aplicabilidade. Tampouco son exactamente dúas noticias, pero non se lles pode calificar só de anuncios.
1.Unha titula a España como un país no que case 6 de cada 10 persoas pensan que recibiron unha formación científica inadecuada (porcentaxe que sube nos vinteaneiros ata ser 8 de cada 9). Pero mentras, parece moitas veces como se a ciencia non fora cultura. Estamos no ano da ciencia, pero a porcentaxe de xente nova que comeza estudos científicos non para de baixar este últimos anos, incluído o bacharelato ribadense (aínda que pola pouca cantidade as estatísticas aquí sexan pouco de fiar para facer tendencia xeral).
2.A Xunta está tentando fixar a poboación no campo, e para eso destina axudas á 'nova mocidade emprendedora'. Mentras, o campo segue a quedarse sen xente nova, que atopa máis oportunidades, servizos, posibilidades, ... na vila. E tamén sen xente, a secas (por exemplo, comparar as estatísticas de censo nas mesas electorais en Ribadeo en 2003 e 2007: a porcentaxe de votantes da vila sobre o total subiu un 3% entre 2003 e 2007, do 56% ó 59% dos do concello, mentras que o número absoluto de votantes no campo baixou en 100 persoas)
O dito: Ribadeo non é 'república independente', senón que está ligado ó seu entorno galego e estatal...

Ningún comentario: