20070629

De hobby, alcalde

Esa parece ser a situación de Fernando Suárez polo momento, de aficción, alcalde. Non entro na situación, dimes e diretes que andan estes días por ribadeo, nin na dureza como negociador de Fernando Suárez, que din que si é duro. Pero a situación polo momento en Ribadeo é esa: alcalde por hobby.
Outras novas? No día de san Pedro, cun Sol de mencer radiante a eunha temperatura a esa hora de 13 graos, haber háinas, dende a festa paralela de hoxe en Rinlo ó estilo house en competencia coa tradicional ata a presentación doutro libro na Casa das Letras, ou a lembranza de que hai piscifactorías pendentes en Ribadeo a costa dun despedido en Insuíña en Xove (que se se cree o que di a nota de prensa correspondente dos traballadores, sería ilegal e discriminatorio), pasando porque un ano máis hai dificultades en cubrir as prazas de socorrista no concello, ou prestando atención un pouco máis aló, a un escape de sosa en Alúmina, coa correspondente contaminación... cousas que se antoxan abondo pequenas fronte á situación no concello á pesar da súa gravidade nalgún caso

Ningún comentario: