20070605

... e o pobo dixo: 'pactade polo ben de todos'




Entre o título e 'ollos que non ven, corazón que non sinte' está a cousa. Explícome. Unha vez comezada a segunda semana despois das eleccións, ó non obter ningún partido a maioría, parecería claro que hai que pactar, e un 'por suposto' adxetivando o pacto como claro, transparente e como corolario, en ben da cidadanía (se non é claro, haberá problemas; se non é transparente, o ben da cidadanía será secundario). Polo contrario, non parece que haxa movementos, como se se quixera retrasar a cousa a ver quen move peza primeiro para pillalo ou se estivera a esperar órdenes de fóra para aproveitar o que dixo o pobo aquí. Mentres, o que fan os partidos é satisfacerse ou amosar incomprensión polos resultados (sinal de que non sinten a derrota como verdadeira ó non ver as causas, e polo tanto, de que hai probabilidades fundadas de repetir os erros).
O líder do PP pon o cargo a disposición, pero non se albisca ningún sucesor. Aceptaránllo? O líder do PSOE dende a distancia non di nada e deixa ó ex-segundo que repita as vellas verbas que el dixo ó día seguinte das eleccións, pero sen 'mover ficha'.
E así estamos.
Falando doutro tema, paréceme raro de que aínda non saíra nda do que dixen onte sobre a escola de música nos xornais, pero coido que o teño confirmado.
As fotos, bonitas edificacións en Ove (a súa igrexa e o hórreo a uns metros), mentras un pouco máis aló Santa Cruz nuns anos deixou de ter un mirador único para ser o Santa Cruz dos miradores particulares. Por certo, a casa que se ve á beira da igrexa é a que se dixo na campaña que sería arranxada para ... asilo? (terreo ten, tamaño tamén...)

Ningún comentario: