As estruturas que se ven nas imaxes levan sendo montadas no porto de Mirasol varios meses. Só onte souben, por unha denuncia da plataforma de defensa da ría de Ribadeo, que eran para meter na cimentación da ponte para facerlle uns arranxos. A plataforma (e eu) tiñamos idea de que a documentación da ponte incluía que os pilares non se ían tocar, e aquí ven o detalle: agora si que se tocarán, co que as correntes na ría voltarán a variar, os tesóns é previsible que pegarán outro estirón, etc. E todo, como soe suceder, sen un estudo previo adecuado.
Pero non é a única estrutura que está a ser cuestionada en Ribadeo. Despois das novas de onte sobre a futura negociación entre BNG e PSOE, na que falaron os dous partidos (Ramón López polo PSOE e F. Suárez polo Bloque), a cousa parecería encamiñarse a un goberno do BNG en minoría: comeza con acusacións de deslealdade previa do BNG (mentras que dito partido esixe a mesma lealdade que eles tiveron), comeza sen o actual alcalde (polo tanto, con 'perfil baixo'), F. Suárez reclama que debe formar goberno a lista máis votada (no pasado mandato non era así), ... tamén dixo Fernando que algunha cousa (dos outros) correspondía seguramente a unha estratexia política. Paro aquí lembrando o que dixen onte: pactade polo ben de todos pero tendo en conta que se non é así, mellor gobernar en minoría.
Hai outras novas miúdas: concerto do coro do Sagrado Corazón en Remourelle, este curso non haberá os concertos educativos anunciados da banda, en Ribadeo anúnciase nunha tenda un ordenador barato con linux de saída... outro día ó mellor comento algo disto.

1 comentario:
Parece ser que a Ría se resiste, jeje. (http://www.lavozdegalicia.es/ed_amarina/noticia.jsp?CAT=120&TEXTO=5870419)
"Donde dije digo, digo Diego". E sen ningún problema.
Publicar un comentario