Deixo a convocatoria dun pleno para mércores para a constitución do goberno e asignación de soldo ó alcalde e cartos para os partidos para tentar facer un resume dunha conferencia a dúas voces que tivo lugar onte en Lugo. Refírome á correspondente ó ciclo 'Latexos do mundo', impartida por Ignacio Ramonet e Ramón Chao sobre os problemas sociopolíticos a nivel mundial. Foron introducidos polo alcalde de Lugo e Carmen Carballo, do Centro Internacional de Prensa.
Varios datos antes de comezar: participaban o C.I.P., a Xunta, Le Monde Diplomatique (ambos son respectivamente director e colaborador do mesmo) e Caixa Galicia. A Xunta, por partida dobre, pois entendo que o 'Club' ten relacións moi fortes con aquela. Ramonet naceu en Redondela e é semiólogo, Chao, en Vilalba e ós 10 anos deu un concerto de piano no 'Círculo das Artes' de Lugo e logo foi escritor e diversas cousas, entre elas, músico medio frustrado. O salón da Caixa en Lugo estaba atestado, con máis xente nos corredores de pé ou sentada que nas cadeiras. A conferencia tivo tres partes, estando as dúas primeiras a cargo de Ramonet (que tamén directivo de ATTAC) e a última á de Chao.
Planteouse un esquema no sentido de que no mundo están a xogarse como tres partidas de xadrez de xeito simultáneo.
A primeira corresponde á guerra. É a que da información carnaza á prensa. Tradicionalmente os actores neste campo foron os estados, cunha hiperpotencia na actualidade, os EEUU que ten un orzamento de defensa maior que a suma dos dez países seguintes en gasto. Na actualidade a característica é que non hai moitos conflitos relativamente, pero os que existen están concentrados nun 'foco perturbador' capaz de irradiar. Tampouco hai conflitos interestatais, senón entre estados e organizacións non estatais, e nos que os primeiros non teñen trazas de vitoria, cando non están sendo derrotados sen paliativos. A focalización de conflitos nunha zona ten unha perspectiva principal: o control enerxético, cun horizonte de fin do petróleo. Este é o horizonte, xunto coa emerxencia de enerxías de substitución en panais (e que interfiren na producción da enerxía necesaria, no tratar unha diminución do consumo, na emerxencia de novas tecnoloxías, ...) que están querendo ser evitadas por algúns poderes para impedir un cambio de estilo/modelo de vida, mentras de a tradicional do petróleo está inmersa no problema medioambiental que sofre o mundo e que é un problema transversal ós tres 'taboeiros'. Por outra parte, o foco perturbador ten unha relación forte co islam, tras a práctica eliminación da doutrina marxista e dos movementos guerrilleiros do século pasado na actual loita. Outro factor relacionado ten un foco secundario en Asia do Norleste pola nuclearización, a partir do feito de que na zona quente xa hai moitas partes implicadas coa arma nuclear, comezando por EEUU ou o Reino Unido. Un dato para pensar: afirmouse que en caso de escalada, o Xapón podería contar coa arma cuclear en un tempo tan curto como varias semanas.
O segundo taboeiro é o da globalización, como expresión da fase actual do capitalismo e que representa unha especie de guerra de mercado contra estado. Sendo un enfrontamento de tipo económico, os actores principais son as empresas, e é un fenómeno que caracteriza a nosa época, implicando un cambio na configuración dos poderes a partir da libre circulación dos capitais, e establecendo unha xerarquía de poderes Financieiro - mediático - político, no que este último sería o escalón máis baixo. Este fenómeno maniféstase a traverso de diversas interaccións ó estilo dun cancro (a metáfora é miña), e así, téntase asemellar/tratar o estado a unha empresa, inculcar que a sociedade non existe, senón só individuos que ademáis son egoistas (ó non ter o soporte social), ... Dun xeito reduccionista, o enfrontamento sería entre globalizadores (empresas) e globalizados (cidadáns), no que as primeiras, que van gañando a partida, irían aumentando o seu espazo de xogo (o mercado) a costa do estado.
Chao pasou ó conflito pobres - ricos, ('pobre mundo rico'), o que denominou a guerra contra os pobres, cuxo comezo tivo lugar co sedentarismo (coido que antes non había posibilidade de desenvolvemento grande de posesións ó non poder transportalas) e cuxas primeiras expresións práticas foron a antropofaxia e, co descobrimento do valor económico da forza de traballo, a escravitude. As consecuencias dese descobrimento económico esténdense ata a actualidade, e así, en tres śeculos, 80M de africanos foron feitos escravos (os máis válidos, resistentes, ...) e masacrados (as súas familias, mulleres, ...) o que podería explicar o atraso que aínda na actualidade sofre o continente. A sociedade tivo diversas disposicións ó longo do tempo, e así podemos atoparnos con actitudes curiosas como coa igrexa recomendando que non se maltratara inútilmente ós escravos. O comezo do derrubio do sistema estivo na industrialziación, na que as necesidades da forza de traballo variaron, e a falta de necesidade tivo tamén consecuencias na vitoria relativa das revoltas, como a de Haití, que liberalizaron legalmente as presoas escravizadas, comezando outro tipo de xugo coa emigradión e a colonización, transmutando escravos en obreiros con condicións diversas. A intervención de Chao, abondo máis desestruturada, caótica e sentimental que a de Ramonet (e que polo tanto esixe do 'resumidor' unha maior intervención/interpretación), deixou caer sobre todo unha serie de pinceladas, como que agora é a dereita a que asume o vello ideal anarquista de non-estado, destruíndo as súas capacidades e deixándoo reducido á mínima expresión. Rematou co interese polos pobres como fonte de negocio (ó estilo do cambio de antropofaxia á escravitude), pois se 4000M de persoas teñen que subsistir con 1$/día, eso representa para as empresas un posible volume de negocio de 4000M$/día...
Breves sobre o final:
As preguntas tiveon que ser cortadas ... por peche do local ás 10 da noite, co que houbo unha acumulación dunhas cantas e logo a intervención dos conferenciantes tamén agrupada. Non aportaron moito novo e tiveron un punto de polémica nun momento no que se estaba a falar de Hugo Chavez e a 'revolución bolivariana' e interrupiron dúas mulleres con intereses relacionados con Venezuela (prefiro non resumir para non facelo a costa da imparcialidade).
En relación á revolución bolivariana e a cubana, unha cita de José Martí: un pobo culto é moi difícil de enganar.
Unha pregunta que se me quedou no tinteiro pola limitación citada: os escravos desapareceron oficialmente cando deixaron de ser necesarios. Os traballadores están deixando de selo...
Unha lembranza dun libro de Fred Hoyle. O seu título: enerxía ou extinción. O subtítulo: en defensa de la energía nuclear. (hai unha xa vella edición en castelán).
Cita. 'Desde que el hobre se ha convertido en sedentario no ha habido democracia, sino explotación'.
Unha resposta típica do poder político, negada por feitos: non se pode ir contra a globalización.
Idea de América Latina como zona do mundo onde hoxe está primando a esperanza (fronte a un desencanto xeral)
... e remato cunha cita de Gramsci que tamén se dixo alí en relación á victoria de Sarkozy en Francia: 'primeiro hai que gañar a batalla das ideas e logo, as eleccións'.
3 comentarios:
no estamos de acuerdo con Ramon Chao con que la derecha asuma el ideal anarquista de no estado ni de que reduzca su capacidad. El estado sigue dictando las normas, normas que no hace por cumplirlas. Proclamaciones de igualdad y transparencia se enfrentan a una realidad desigualdad y opaca.
A que llama Chao el no intervencionismo del Estado? Interveniene si te declaras en huelga, que se lo cuenten a Carnero y a Morala y a tantos y tantos encausados por la LOU, por la huelga del 20 J del 2002. Que se lo cuenten al movimeinto Okupa, al movimiento por una vivienda digna.
Si el estado se abstiene de intervenir es en el sentido de proteger. Protección de una zona Red Natura (como ha pasado aqui en Ribadeo y está pasando, o en Touriñan) pues los ecologistas son los que tienen que intervenir y luchar por el cumplimiento de una normativa que ahi está y de la que debía ser garantes los medios del estado (Seprona, fiscales...). ¿Interveniene el estado para prevenir que mueran personas en el trabajo?
No he estado en la conferencia. No he escuchado a Chao pero lo que veo es como siempre la ley del embudo. Vamos, Anarquismo es igualdad y aqui estamos ante el reinado de la Desigualdad completa y total. Discriminados
coido que Chao, no seu afán de producir sentementos máis que ideas, non dixo algo: o desmantelamento do estado é programado nas zonas que 'convén', pasando de ser algo así como un ideal burdo de estado para todos a outro estado só para asoballar a quen non ten poder.
Pero iso non ter nada que ver con Anarquia,como tampouco o non intervencionismo, xa que a proposta anarquista non significa non intervencion. Libre cooperacion. Non o caos da contaminacion, do paro, da sobrecarga de traballo para outros,intervindo nos asuntos que nos afecten a traves da autoxestion dende a liberdade. sobre Anarquiahttp://www.geocities.com/Athens/Crete/7892/anarquia/anarquia.htm Discriminados
Publicar un comentario