20070627

Sobre criterios




Magnífica posta de Sol na faro da illa Pancha este 27 de xuño. Non sei que fixo cada un dos concellais despois do pleno, pero pode que non fora mala idea ir vela xuntos (cousa que a ben seguro non fixeron)
O pleno extraordinario de hoxe, sen o apartado de rogos e preguntas que tanto ten dado de si, foi abondo previsible a conto do que se rumoreaba polo pobo esta mesma mañá.
Unha nota: as fotos, do pleno de hoxe, e os postos do pleno, están na orde da entrada de Ribadeo historia sobre a corporación (excepto os dous últimos pares). A, B e C corresponden ós postos da interventora, o segredario e o xefe da sección 1ª (coido que o é) do concello.
O pleno deu comezo coa lectura da acta do pleno anterior. repartíronse as tenentías de alcalde e as delegacións, así como os postos na Xunta de goberno, quedando un vacante que non se considerou necesario cubrir (só participa o BNG). Dispuxéronse os plenos para os segundos luns dos meses impares (o primeiro será o 9 de xullo). Todos os grupos, excepto UPRi, votaron a favor (UPRi quería plenos mensuais). Os postos nas diversas comisións serán compostos por 2, 2, 2 e 1 concelleiros dos diversos grupos.
O punto nº 7 trataba da dedicación exclusiva do alcalde, con proposta do BNG de 14 pagas de 2781,65€ brutos máis o correspondente á media de asistencia ós plenos e demáis.
Foi con diferencia o máis longo. En resume, comezou despois da exposición de Vicente a de Rivas, lembrando que os alcaldes en Ribadeo comezaron a cobrar a partir do pleno do 20 de outubro do 1999, e o fixeron co criterio do que se cobraba no posto de traballo correspondente. Propuxo seguir aplicando o criterio ou deixalo sobre a mesa.
Balbino pediu consenso, deu o seu apoio a Rivas, lembrou que Fernando Suárez votou en contra de subirlle o soldo ós funcionarios e persoal do concello e agora quere subir o seu.
Andina propuxo como criterio que todos os alcaldes cobraran aproximadamente o mesmo soldo, de xeito independente á súa profesión, para evitar nalgúns casos ter que pagar moito máis do actual, e dixo que ían (o PP) a absterse.
Ó final de dúas roldas de respostas nas que non houbo moito novo, a votación foi de 9 a favor de deixalo sobre a mesa e 4 en contra, polo que non se chegou a votar a proposta do BNG.
Pasouse logo ás delegacións nos centros educativos: Gregorio sanz, PSOE (Mª José); IES Porta da Auga, PP (Begoña); Dionisio Gamallo, BNG (Vicente); EOI, UPRi (Rivas). O CIFP polo momento non ten consello escolar polo momento.
Logo viñeron os emolumentos das viaxes: 102,56€ por día de residencia, 53,54€ por dúas comidas, 26,77€ por unha, e polo tanto, 155,90€ o importe total dun día con noite.
Quilometraxe, a 0,19€/km.
60€, asistencia ós plenos; 40, comisións informativas, 60, xuntas de goberno, 40, por xunta de portavoces. Excepto este último párrafo, o resto foi aprobado por unanimidade. Este, coa oposición do PP.
En resume, primeiros enfrontamentos entre grupos e primeiras botadas en cara de que non hai diálogo...

1 comentario:

Anónimo dixo...

O que di Balbino non é asi. Fernando e o PP votaron en contra e anularon o convenio-acordo por discriminatario e inxusto e cunhas razons expostas que lle valiron a Fernando aplausos do pobo no salon de plenos.
Si a Fernando lle subisen a burrada que propon ainda estaría por debaixo de certos funcionarios, cando no pasado o alcalde penso que cobraba como quen mais cobraba, o anterior alcalde non creo que tivese un soldo menor que alguns dos traballadores dun concello que non chega a dez mil habitantes http://www.galizacig.com/normaliza/base_convenios/23/23concello_ribadeo_laborais_2004_2006.pdf no enlace podeis comprobar como estan as cousas, e si examinades outros convenios na mesma web apreciaredes mais as razons que levaran a Fernando, a BNG e tamen os do PP, a votar en contra das grandisimas subas a uns cantos. O que non entendemos e porque non mantivo ese criterio e permitiu que mais tarde fosen cobradas.¿por seguir no sillon?
Discriminados