20070622

A solución témola todos porque todos somos parte do problema

Non, a frase non ía dirixida a Ribadeo (aínda que poda empregarse como anel ó dedo) senón ó medio ambiente. Está referida a que pola mera existencia, todos interferimos no medio ambiente, e polo tanto, todos estamos xa implicados para poder colaborar na solución. Claro, uns máis que outros por que non é o mesmo gasto de medio ambiente (chámanlle 'pegada ecolóxica') a que fai un coruñés medio que a que fai un indio guaraní. E tampouco se trata de vivir como un coruñes medio ou como un indio guaraní, cada quen terá que ir vendo o que fai, todos colaboramos tanto na problema como podemos facelo na soución. Xa o facíamos polo mero feito de existir e máis agora nun mundo interconectado...
Pouco antes de escoitar a frase do título entrou o verán astronómico, ás 8 da tarde do 21 de xuño, para ter unha duración de 93 días e 15 horas, co que o que dicía onte dos 100 días de graza coincide case exactamente co verán, que rematará o 23 de setembro case ás 11 da mañá (hora legal; para horas astronómicas, dúas horas antes).
Mentres, Mondoñedo, concello con abondo menos movemento, vai ter dúas adicacións exclusivas.

1 comentario:

Anónimo dixo...

E a tendencia dos alcaldes, todo o longo de España, segue sendo a de subirse os soldos un 30 ou 40 por cento.