20070603
Un calmado domingo post electoral en Ribadeo
Calma relativa. Parece que os partidos conformáronse ben cos concellais de cada un e non se oen que un saíu máis favorecido que o outro. Completando os artigos (1), (2) e (3) sobre os resultados electorais en Ribadeo, cabe dicir que a orde de verse favorecidos dividindo a cota de poder (número de concellais) entre o número de votos foi UPRi (máis favorecido), PP, BNG e PSOE (máis desfavorecido), e que os comentariso sobre a perda de un cocnellal na 'dereita' PP+UPRi por presentárense deivididos é falsa: se se substitúen os votos de ambos partidos por os conxuntos, seguirían a levar seis concellais, e seguirían sendo, en conxunto, o aprtido máis favorecido segundo o cálculo anterior.
Hoxe hai o que se podería chamar 'festa china' en Santa Cruz. Resulta que vai ser tomada a paraxe polas familias con nenas chinas adoptadas da provincia para facer unha festa e favorecer a súa comunicación (tanto a das nenas como a das familias).
Dando un repaso ás novas da semana atopámonos outras de todo tipo e curiosidade. O cierre da pastelería Eijo esta semana parece que colleu por sorpresa amoita xente, e supón a perda dun establecemento emblemático para Ribadeo. Non polo seu movemento (nonera unha empresa grande) senón polo seu nome e a asociación das exquisiteces que alí se facían a un nome máis doce de Ribadeo.
A idea da Ministra de facer unha Universidade de verán no edificio dos irmáns Moreno no Cantón parece que non se tomou moi en serio, pero dada a proliferación de universidades de verán e que Ribadeo xa da albergue a variso cursos universitarios, podería ser factible no futuro a pouco que se emprendan negociacións cun pouco de sentidiño. Non é a primeira vez que digo que aló hai uns vinte anos mantiven unha charla precisamente no cantón con Lalo Gutiérrez animándoo a facer xestións para traer a UNED para Ribadeo, co que daquela se collería un punto único entre A Coruña/Ferrol e Oviedo/Avilés, lugares onde tiña sé universitaria a institución. Hoxe, con 'oficinas' en Viveiro e en Foz, queda moito máis lonxe a súa consecución e a correspondente facilidade de formación universitaria para a xente. Sería para falar algo máis sobre o funcionamento da universidade e a súa fragmentación, pero nestes momentos e en Ribadeo, o tema queda moi lonxe.
Nos medios esta semana tamén anda a recueración de varios quilòmetros de estradas romanas na provincia, mentras As Gobas sgue en 'stand by'. O tema lémbrame algo que vin xa hai algún tempo en 'Para comprendermos Galicia', de Xosé Chao Rego, sobre que a estrutura galega basada nas parroquias tiña a súa orixe nos castros, que se contan en moi aproximadamente igual número que as aprroquias existentes ata o desenvolvemento das cidades. É dicir, a parroquia, núcleo de relación e de identidade en contraposición ás outras parroquias veciñas, tería a súa orixe a traverso dos tempos nos castros e o terreo controlado por eles...
E pasando de cousas de hai moito tempo a cousas da fin de semana: non pdía deixar de comentar que
foi arquivada a denuncia de Adega contra o actual alcalde pola tramitación da piscifactoría de Meirengos, non hai 'ilícito penal',e deixa no limbo que poda ou non existir infracción adminsitrativa. Mentras, a piscifctoría está parada polo TSXG (Tribunal Superior de Xustiza de Galicia).
A foto, unha volta tomada e revista, non da ben a idea do por que: sobre as casas, no fondo dunha apacible rúa, as plumas das grúas, encadradas polos cables dunha beira a outra de Ribadeo. A construcción, ó fondo das eleccións, seguirá dando que falar encadrada por ligazóns diversas entre lugares e desenvolvementos polo demáis afastados.
Publicado por
agremon
ás
6/03/2007 12:31:00 p.m.
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Fotos Ribadeo,
política,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Norte de Portugal e Galiza: Um Futuro Comum?
Lê e comenta.
Buen blog!
Publicar un comentario