20070609

Unha bomba

A Deus grazas, non de ETA, senón de palabras: seguindo coa traxectoria de si, si pero fago o que quero que caracterizou en parte o seu mandato, o alcalde en funcións negocia (alomenos, entra en conversas) pola súa conta con PP e UPRi. Vénseme á cabeza o caso de Santiago, calificado por el de 'traizón'. E tamén unha frase que leín non sei moi ben onde, e que aínda que trata da igrexa con minúsculas, pode ser moi ben aplicable: A igrexa defende intereses semellando defender principios.

1 comentario:

Anónimo dixo...

O alcalde en funcións, tomando a vontade popular de cachondeo, entretense en negociacións co PP e con UPRI, instigado polo secretario que pretende desplazar a Fernando. É así como xogan coa representación popular, despreciando a vontade dos electores.