20070620

Xerfa


Xerfa é a escume que molla nas rompentes e o nome da revista da que se presentou onte a 16ª edición. Dicía na entrada anterior que me gustara. Na súa portada aparece relacionada unha serie de webs, e a parte da do mesmo IES, nas únicas que aparecen na portada nas que sae relacionado o centro por algún motivo están relacionadas con http://gl.wikipedia.org, a Galipedia, enciclopedia libre en galego que tamén aparece no lateral deste blog e que ten unha entrada abondo extensa adicada a Ribadeo. Por certo, no acto de presentación da revista, tamén se presentou a web do centro, á que este curso se lle deu un bó toque (este edición de Xerfa é a única que non está na web polo momento), e o novedoso sistema que leva por exemplo ás faltas dos fillos ós móbiles dos pais ou ós seus ordenadores.
Voltando a Ribadeo, despois da investidura continúa a política. O alcalde comezou a falar para tentar de conseguir apoios. Primeiro co PP, o segundo partido máis votado. Logo virán os outros. E despois, xa veremos se se chega a algún sitio ou non. Sitio que, de calquera xeito, non pasa por pacto de goberno senón por acordos puntuais. E, esperemos, por consultas ó pobo e escoita da súa voz: o pobo merece ter sido en conta, e aínda que non sempre os gobernantes teñen por que facer todo o que o pobo quere (o anarquismo tampouco é eso; podemos falar outro día), ese telo en conta é necesario para que sexa pobo, e non un conxunto de súbditos.

1 comentario:

Anónimo dixo...

O Anarquismo vai de os cidadans, tomemos o control das nosas vidas sen deixar que nos manipulen.
Grupos de persoas dunha rua, dun lugar de traballo organizanse para tomar decisions que lles incumben. Poden mandar delegados a encontros a maior escala, pero sempre baixo o mandato, cumprindo as normas, da asamblea (da base. Os cargos rotatorios e revocándolos si algun intenta autoinstituirse en líder. ¿Unha idea utópica? Xa funciona en moitos grupos, a pequena escala. Todo o que se precisa e un cambio na conciencia cotidiá. Desta forma, un sistema anti-autoritario de organizar todo-los aspectos da nosa vida sería posible. Un tipo federalista de sociedade anarquista.
Discriminados