20070703

"Cao pedirá una reunión de la junta local de seguridad para articular medidas en la movida"


A nova, na Voz de hoxe, non se refire a Ribadeo, senón a Foz. Pero podería: Tamén en Ribadeo hai un Cao (Asoc. de comerciantes) que o ano pasado asinou un escrito de ACISA para ampliación de horario da movida e que este ano podeŕia pedir a xunta (se ben coido que algún tipo de xuntanza xa houbo co novo alcalde hai uns dez días ou dúas semanas, algo que non trascendeu á prensa que eu saiba)
E comezan, neste Ribadeo veraniego que vai cun pouco de retardo, os comentarios respecto ó tema das piscifactorías. Así, hoxe sae na prensa que será necesario un estudo de impacto ambiental ou que se se fan, deberán retranquear. Máis detalles, irán saíndo.
Tamén chegaron as novas de que a xente quéixase por ter raia contínua entre Dompiñor e Voar, co que se se quere ir a un local comercial á outra beira da estrada hai que dar a volta na rotonda e desfacer o camiño. E claro, ó ser comercio/naves industriais, pois a queixa chegou a destino. Pero polo momento non se vai solucionar por criterios de Fomento (distancias entre glorietas demasiado pequenas para facela discontínua).
Mentras, vexo no papel salmón do 'el País' de domingo anunciado un libro: 'La gallina de los huevos de cemento'. O comentario do mesmo non deixa nada ben ós concellos. Unha frase do comentario: 'El mal (...) radica en el modelo según el cual los municipios disponen de impunidad para calificar los destinos del suelo'.
A foto, dunha nova movida de verán, que representa unha nova privatización de uso: a das separacións polas que xa taladraron o novo pavimento da rúa San Francisco para usufructuar parte (previo pago, suponse) as cafeterías como terrazas. É 'o progreso'. Algún día irei a sentarme alí.

1 comentario:

Anónimo dixo...

A privatización do espacio público é flagrante, por exempro, ca rua Dr. Moreda, en donde as terrazas ocupan toda a acera, tendo que pasar os peatons polo carril dos coches.