20070715

Chamoume a atención e esbocei un sorriso


O subtítulo dunha nova de hoxe na Voz da Mariña. Transcribo pasado ó galego: "Carlos James Fitz-Stuart y Martínez de Irujo visitou As Catedrais, fixo que os políticos locais esquecesen as súas disputas, sen pretendelo, e dixo «sentirse como na casa» antes de irse".
Dan ganas de chamalo San Carlos...
A foto, da praia do cargadoiro, menos famosa que a de Augas Santas, pero máis visitada por ribadenses (menos por duques, Marqueses de demáis)

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Praias, montes, regatos... temos un entorno precioso que non ten prezo e que non podemos permitir desapareza. Os de foro podeis comprobalo nas fotos de Agremon
E todo o longo da costa aparecen restos de castros. Suxiro unha foto dende as rochas que están fronte o castro de Meirengos.
Unha pena que nun se invirta na conservacion da cultura, na investigación dos nosos ancestros...fonte de riqueza segura en todolos sensos.

Discriminados.

Anónimo dixo...

onde di foro, que diga blog...

Anónimo dixo...

Interesante a maridaxe entre o governo progresista??? e a aristocracia rancia española.Quen llo diría a Fernando, paseando polas catro calles (foto da Voz)co fillo da duquesa de Alba.
Só unha dúbida: quen pagou o convite no Parador??

Carlos

Anónimo dixo...

¿Qué ten que ver a progresía coa educación?

agremon dixo...

só unha aclaración: o de San Carlos era por pór de acordo ós políticos locais.