20070729
Coñécete a ti mesmo
O título é unha máxima que coido lembrar ten orixe na Grecia clásica, nalgún dos 'filo-sofos', amantes da sabiduría referentes da cultura occidental.
O caso é que é aplicable non só a persoas, senón tamén a organismos. Tan evidente para unhas como para os outros. E aplicable ó noso concello. Se non se cree, que llo digan ó alcalde, que saca hoxe na prensa unhas declaracións nas que di que non da abasto para atender a acreedores, que a situación económica do concello é preocupante, etc. Polo demáis, algo que non soa a novo, pois non é a primeira vez que se di.
Claro que algo do de coñecer Ribadeo tamén se me pode aplicar por exemplo, a min. A burra das fotos, que debeu de traer consigo un carro metálico (non dos da terra, en plan folclórico, histórico , etc) estivo polo centro de Ribadeo varias horas, dúas polo menos no parque, atado a unha farola cun cartel no que se pode ver que están prohibidos os animais no parque. Paréceme inconcebible que protección civil ou a policía municipal non actuara, que non foran avisados por ninguén en todo o tempo, ... ó mellor resulta que o confundido son eu e o cartel indica que no parque non pode entrar cans, pero non di nada de burros/burras facendo que non circule a xente por un dos seus paseos. Pode que fora eu quen debera tentar procurar algunha autoridade para facer cumprir a lei, como fago outras veces, pero pilloume con algo de présa o pasar por alí. O que non impediu que me enterara de que o mendigo (non aparece na foto) que estaba tirado nun banco alí á beira e que intentaba cobrar polas fotos a máis dun que llas fixo non era o seu dono, quen exercía outro oficio na rúa peonil.
Rúa que por certo, á altura da casa Arango, foi onte cenário de tomas de gags para a tele con motivo de protexer o Amazonas (con pregos de sinaturas e sen texto para asinar), confundindo cunha campaña permanente para a protección efectiva do pulmón do planeta. Por certo, resultou tamén ilustrativo para min, un bocadiño cara ó coñecemento persoal... pero iso é iso, persoal.
Etiquetas:
economía,
Fotos Ribadeo,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
A burra estivo antes aparcada fronte as galerías "As Catro Calles", hasta que veu a policía e díxolle o dono que a levase para o parque, co gran cabreo do Sindo. E eu pregunto: ¿Hai algunha ordenanza municipal que prohiba a estancia dos animales na rua? ¿En qué se basou a polícía para prohibirlle estar alí?
Publicar un comentario