20070712

De duques e Plebeios


Hoxe foi a inauguración na Casa das Letras da exposición dos traxes do Rei cedidos á casa de Alba en virtude de ser levados o día 6 de xaneiro, cedidos pola axuda do Duque de Ribadeo a unha batalla hai varios séculos (ver o 'Ribadeo Antiguo' de Paco Lanza para a historia completa). Non puiden asistir, aínda que me houbera gustado Pasarei a velos un día destes, o mesmo que as biografías das mulleres expostas na estación de autobuses (que certamente me tenta máis)
Mentres, foi entregado o premio das tapas á taberna de Lola, de Remourelle, entregados os menús en catro idiomas realizados no Porta da Auga, e diplomas do plan de inserción e formación profesional.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

A Lei do Pendulo. Dun extremo o outro. Loitas de seculos polo dereitos. Revolucións. ¿Estaremos nunha regresión a Idade Media? Discriminados

Anónimo dixo...

pero o mellor é que non son traxes, senon fotos de traxes... co cal aínda semella máis friki...
para cando unha exposición de traxes de obreiros ou traxes de traballos... sería un bo happening e logo facemos uns pinchos e todo...