20070709
Quen loita con monstros debe ter moito coidado de non converterse el tamén en monstro.
Unha cita de Nietszche tomada dende o portugués de 'Amanhā á mesma hora' para un luns de verán nun Ribadeo que amence calmo, despois unha fin de semana que non foi tan clama.
É un dito extendido e abondo comprobado (sempre hai excepcións) que dous que durmen nun mesmo colchón fanse da mesma opinión, indicando que a convivencia continuada achega os puntos de vista sobre a vida en xeral. Dun xeito parello, empregando a lóxica (o que din polo sistema 'tollendo tollens', se non me lembro mal) pódese chegar á afirmación do título: hai que ter coidado cando se esta a loitar contra algo non adquirir rasgos semellantes a aquelo contra o que se loita. A razón non é única, pero parte dela estaría en que para gañar unha batala pode ser convinte empregar armas semellantes, un pouco máis desenroladas. E eso incluiría tamén estratexias e forma de desenvoltala, en coñecer o inimigo e gañar no seu propio terreo. É convinte pois telo moi en conta se se emprende unha loita. E na vida, para vivir e tentar facelo de xeito pleno, moitas veces hai que loitar (aínda que non se viva en Ribadeo, pero tamén por suposto no noso pobo).
Ti loitas? Entón (en síntese) para comezar mira a ver se é unha causa xusta, despois se o estás a facer dun xeito humano e logo se non te estás a converter en algo parello ó teu inimigo. Logo virían outros moitos consellos (por exemplo, para tentar gañar) pero sen esas consideracións previas, de pouco valerá que ganes, sempre terás perdido.
A foto, dun tellado de Ribadeo cunha planta que puido nacer a pesares das condicións inhóspitas e continúa viva, crecendo: loitando aínda que ninguén daría nada pola súa supervivencia.
Etiquetas:
filosofía,
Fotos Ribadeo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
As loitas que comezan con igualdade de oportunidades son poucas: téñense medo e non comezan. As que comezan en xeral son ou ben por confianza en gañar (logo por abuso de poder) ben porque non queda outro remedio (ante un mal que se supón que medrará se non se comezan), e estas son as máis dificiles, pero ás veces, tamén se gañan.
Publicar un comentario