20070707

Ría de Ribadeo, pedregal de Irimia




A elección dun nome pode ser algo serio. Véume á cabeza ó pasar por Meira e ver a teima co nacemento do Miño que teñen entre dous concellos: un, a favor do Pedregal de Irimia, outro a favor de Fonmiñá. Non sei no que rematará todo, pois a propaganda que está a facer Meira non é desdeñable, pero o propio nome, fontemiña, fonmiñá, Fuente miña, fonte miñana, ... chama abondo máis que 'Pedregal de Irimia' como nacemento para o río. E todo esto, sen entrar nin saír de cal é o 'auténtico' sitio de atribución do nacemento.
Coido que algo deso está intentando que pase coa ría de Ribadeo. Como o nome do río é máis curto, e ademáis, é usado en máis sitios pois a cunca do río é ampla, preténdese unha suplantación...
As fotos de hoxe, a ría de Ribadeo en marea baixa en Porto, de xeito que na última vese a transición de río (o Grande) a ría, e nas outras a parte de auga doce, apreciándose o muro de contención na que ten o eucalipto caído.

1 comentario:

Anónimo dixo...

IRIMIA es o nome común dos rios pequenos (perdón por mi galego) por seu andadura o por seu nascimento. Es el mesmo nome que URUMEA en Guipúzkoa. O nome IRIMIA conpónse UR/IR "auga"+ UME "pequena", tal que lo vemos en UMIA
fzubiaga@orue.biz