20070710
Sacrificar 'Un pouco' o medio natural en Galicia
Esa é a proposta que me atopo nun xornal do domingo, feita por o partido político que aínda hoxe é maioritario en Galicia. E pregúntome que é eso de 'un pouco'. A cita, "Para que Galicia siga siendo capital mundial de la acuicultura hay que sacrificar un poco el medio natural", está atribuída a José Manuel Balseiro, portavoz de pesca do partido.
O de un pouco de sacrificio alleo é algo moi recorrido. O propio, non tanto. Coincide o recurso a fastidiar un pouco a nosa costa coa elección de As Catedrais (é dicir, Augas Santas) como mellor praia de Galicia. Algo que parece incompatible co anterior. E que tamén asombra un pouco a quen vaia por alí non á praia nin de turista, pois a cantidade de xente que por alí pasa coido que fai difícil desfrutar da praia, que polo demáis desaparece coa marea (eso si é unha ventaxa nos tempos que corren)
Mentres constatan en Viveiro a grande afluencia de turistas, a pesares do tempo mediano que houbo ata o momento este verán.
Dúas notas extra: Xa varias persoas me preguntaron pola distribucións de delegacións. Lembro que está en Ribadeo Historia, nesta entrada.
E, durante a semana pasada foron caendo a contagotas na prensa novas presentando unha mesma realidade: os salarios, a nivel España, perden porcentaxes de valor en relación ás ganancias do capital.
As fotos, un raposo na cuneta en pleno aparcamento de Santa Cruz. Era pequeno, como pode verse por comparación cunha man. A foto é de onte.
Publicado por
agremon
ás
7/10/2007 08:30:00 a.m.
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
economía,
filosofía,
fotos,
Fotos Ribadeo,
Medio
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios:
É unha magoa. Pro a dereita non da asimilado a necesidade da protección do meio ambiente. Non merecen volver a gobernar, pois seguirán a asoballar todo o que se lles poña por diante con tal de facer cartos e ¿crecemento?
De Saramago "Antes nos gustaba decir que la derecha era estupida pero hoy día no conozco nada más estupido que la izquierda" O medio ambiente segue estando desprotexido, boas palabras, normas como a da proteccion dos 500 para quedarse en 200 en Rinlo. As rebaixas depende de como e para quen. En canto o de facer cartos so hai que mirar o redor ¿suba da xunta con qué goberno? E non estou defendo o indefendible que e a dereita, pero a esquerda non e tal. E dereita.
Discriminados
Publicar un comentario