20070811

Algo diferente


Atopámonos hoxe na prensa con que o alcalde manda investigar se dous socorristas foron ó bar en hoario de salvamento. Ó mellor é porque non saiu na prensa, pero coido que é a primeira vez en tempo que vexo que algo desto pasa en Ribadeo. E refírome a que se tente un mínimo control, non a que haxa descontrol.
Pode interpretarse como un primeiro paso, pero a raíz de comentarios escoitados, coido que eso é o que espera a poboación, que haxa un primeiro paso. É de supoñer a existencia dun protocolo de actuación para os socorristas, e tamén lóxico sería que un protocolo adaptado fora de disposición de cada colectivo de persoal do concello. Hainos? Penso que non, senon que máis ben polo contrario estánse a transferir tarefas asignadas entre persoas: unha práctica que pode resultar moi ben, maximizando o rendemento no traballo de cada persoa e creando un clima de cooperación, pero que de non ser controlada ten moitas probabilidades de descontrolar á súa vez toda a estrutura de funcionamento da casa grande.
A imaxe, parella a outra que puxen ai non moito, unha vista da atalaia, flanqueada pola ría de Ribadeo e polo edificio 'reconstruído' da beira.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Nen existe unha valoración real dos postos de traballo o non ter aprobado o concello o convenio-acordo do 2004. As funcions que aparecen publicadas por exemplo na paxina da CIGA, convenios do sector, están obsoletas.
O descontrol existente, a falta de regulamentación serve para fomentar as diferencias e a discriminación e para proveito de catro listillos. A regulamentos serían moi ben aceptados pola maioria de nos e serán unha das cousas polas que loitar.
Eu non atopo nada diferente no Concello. Atopo mais do mesmo.
Teño comprobado a prepotencia do que hoxe e Alcalde o non deixar que fosemos escoitados os da CGT en relación con obrigar a tomar as vacacións "por razons de servizo" a delegada sindical do sindicato no concello. Nunca pasara tal cousa, nin co anterior alcalde.

Discriminados.

Anónimo dixo...

Outra.-A cooperación debería existir e é algo obrigado pero neste caso non existe "axuda mutua". Tamen existen cooperantes entre o persoal do concello, pero é nun único senso, fanlo como "auxiliares" para outro traballador que e o beneficiado.