20070826

Altas temperaturas... na auga

Din os expertos que aínda non se lle pode botar a culpa de que as augas costeiras da zona esteñan máis quentes que outros anos, quedando entre 18ºC e 21ºC. Son unha serie de fenómenos os que coincidiron para que este verán atípico teña esa temperatura na auga. Fenómenos que están todos relacionados coa enerxía da que dispón o planeta para mover as masas de aire e auga, e ó final, coa temperatura media do mesmo. Pero non hai relación direita. Nin tampouco rexistros que permitan constatar a veracidade de ser temperaturas anómalamente altas nas augas. É dicir, o efecto está aquí, vixiémolo, pero polo momento as explicacións son moi relativas.
O que non é tan relativo é o que se pode ver no vídeo: un exceso de velocidade na ría de Ribadeo, unha volta máis, aínda que desta sen esquiador atrás para o que esteña mirando distraído o piloto da moto mentras se achega a un bañista en estado de pánico ...

O vídeo amosa pois unha típica transgresión máis do exceso de velocidade nunha ría na que aparentemente non hai vixiancia e cada quen fai literalmente o que lle deixan. Entronca co que xa puxera máis dunha volta o ano pasado... Por certo, tamén sae a Ponte dos Santos, coas ilegais bases xa feitas (2 pilares) e en construcción (1 pilar). Ilegais, pero que seguen adiante pese as denuncias. Se a pregunta sobre quen defende ó pobo pode parecer moitas veces retórica, preguntar sobre quen defende a ría ou o medio ambiente, a casa de todos, pode dar aínda abondo peores resultados.

Ningún comentario: