20070820

As novas tecnoloxías en Ribadeo



Onte mesmo publicaba un xornal a relación de servicios accesibles polas web municipais da provincia. Se ben en xeral non era para botar ás campás a repinicar, o caso de Ribadeo resolvíase dun xeito claro: non, non, non, ... é dicir, non ten servizos. Ente os servizos que non ten está o de poñer as actas municipais accesibles na rede (algún cacho xa teño posto en Ribadeando e algún espero poñer en Ribadeo-historia).
A informática, internet, é algo máis ca un xogo ou un divertimento. O uso que se lle pode dar en democracia é algo que pode deslumbrar ou polo contrario, que pode derivar cara á supresión de dereitos fundamentais. A nós nos toca tentar de que a direccón tomada sexa unha ou outra. Con cousas tan sinxelas como a de poñer información clara accesible para todos, por exemplo.
As fotos, as dunha santa (bo, as da súa estatua) vista de día, para contrastar coa vista de noite: de día é máis pedra e menos misterio. Con máis obscuridade o misterio permanece.

Ningún comentario: