20070804

Casas de Indianos en Ribadeo. II-Casa do Óptico



A orde é tal que veñen tomadas dende o 'extrarradio' daquel entón ata o centro, facendo un pequeno cambalache para chegar á máis representativa, a casa dos Moreno.
Na casa do Óptico, xusto diante da anterior, xa se nota o 'gurugú', mirador que non é característico deste tipo de arquitectura, pero que se incorporou en abondos edificios indianos da zona dende construcións máis tradicionais habitadas por armadores, que o usaban para otear a volta dos seus barcos. O seu xardín conserva a palmeira e a araucaria, presentes nos xardíns con desenvolvemento abondo para poder manter estas árbores de porte.
Tres plantas de 225m2 construída nun terreo de 2940m2 (Medidas polo SIXPAC). Hoxe é a sé da escola oficial de idiomas en Ribadeo, e os seus xardíns albergan locais empregados por sucesivos obradoiros municipais.

Ningún comentario: