20070801

De viaxe por Ribadeo

Parece xa institucionalizado que a Volta a Galiza en barco parta de Ribadeo, e que a volta a España en avioneta pase por aquí, entre as moitas celebracións que esta época de verán ten establecidas, e que se trata de non perder, como no caso da xira, collida este ano in extremis polo concello. Mentres, procúrase que outras crezan, como o festival de curtas.
Por outra parte, vai chegando o que xa se temía hai algúns anos: os recheos pola parte asturiana. Así, xa se prevé un nas Figueiras, e, como non, con motivo da ampliación do peirao para embarcacións deportivas. É dicir, o xa lóxico, despois de comezar os recheos en Ribadeo, seguindo a traer secuelas que afectan á ría (tanto da que sexa de Ribadeo como 'das Figueiras'...)
De calquera xeito, parece que en Ribadeo a moda é mirarse ó embigo. Acusación tras acusación cruzada sobre culpabilidades e demais, a débeda parece establecerse en 2,85M€. Non sei como está contratada, pero ó 4% (o que non parece moito ós xuros actuais) saen 114000€/ano de xuros (a parte amortización, claro), é dicir, algo máis de 300€/día ou o que é parello, algo máis de 50000pts/día. O tema da controversia da débeda é un teatro máis que engadir ás moitas actividades que se están a realizar.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Estanse a cruzar acusación entre o PSOE e o BNG en relación coa débeda do concello de Ribadeo. A alegría no despilfarro de PSOE está fefrexada naquela frase de Balnio nos plenos: "¿Será por dinero?". O BNG adicouse a crear imaxen a costa dos nosos cartos con talleres como o de "Conta contos", traballo que antes facían os nosos abós.