20070827
Dende o Mondigo non se ve a autovía
En realidade, vese un pouco: xusto a partires da ponte do nó de Piñeira. Pero non todo o recorrido ó pé dos montes dende pouco despois de Santa Cruz ata que perde contacto co mar despois de deixar a tras a Cruz do Lobo. É algo curioso.
É curioso. Dende alí vese só un pouco da ría de Ribadeo, oculta polo pobo. Onte a ensenada da Liñeira estaba bonita ó lonxe, calma e coas árbores reflexándose nela. Ata a lagoa acuinor, en Meirengos, quedaba un poudo desdibuxada polo aire cargado de humidade (lembro que as fotos pódense ver ampliadas premendo o rato sobre elas).
Agora pódese subir moi ben ó Mondigo: á beira do km 13 da estrada Vilamar-Reme está o portón do camiño, que foi nivelado hai pouco e transítase moi ben. Para chegar arriba a mellor ruta é seguir recto, collendo o camiño máis transitado e nos cruces, máis empinado (só nunha ocasión non coincide co maís recto, no que parece un entronque a 90º, pero si é o máis transitado e empinado). A partir de 1h de ascensión pódese chegar (é aconsellable pensar en alomenos hora e media) e paga a pena somarse por alí de cando en vez, en particular se o día non está moi movido, pois déixase sentir moito máis vento que abaixo.
Zapatero, por contra, ante onte elixiu o mar, mellor, a ría de Ribadeo, para dar un paseo no barco 'dun amigo'. En Santa Eufemia parece que pasaran del: di a prensa que é el o que se achega a charlar con eles. Ó fin, é un simple mortal máis... Dende o Mondigo vese claro: a vista núa, non se notan as persoas, pero si os seus actos: as casas, estradas, a nova lagoa de Meirengos, a Ponte dos Santos, ...
Por certo, hai cousa dun ano tiña outra entrada sobre o Mondigo
Etiquetas:
filosofía,
fotos,
Fotos ría de Ribadeo,
Medio,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario