20070810
Itinerario cultural natural. Comarcas das Mariñas luguesas e Ortegal
O título corresponde á tradución galega de algo que se presentou hoxe ás 12 no Hernán Naval ante unha ducia de persoas. Unha web, http://coastatlantic.comarcasdegalicia.com que aporta a novidade da promoción pública, mais coido que non moito máis. Sen ir máis lonxe, o que fala das casas de indianos en Ribadeo vese superado agora mesmo pola galipedia ou mesmo por este blog (e eso que queda a maioría por poñer). De calquera xeito, ten eso que chaman 'posta en valor' e a cantidade conxunta de información non está mal. A ben seguro que, coa promoción pública, saltará ós primeiros postos dos buscadores cando se teclee 'A Mariña', por exemplo.
Á saída do acto collín un 'estudo da microtoponimia nas Mariñas lucenses e Ortegal', tamén de coastatlantic, que, a todas estas, é un proxecto financiado pola UE. E un díptico explicativo, onde notei que a única web privada que aparece en todo o territorio de A Mariña e Ortegal é a de www.ribadeo.com
En definitiva, coido que pode contribuír á 'potenciación' da zona, pero antes deberamos poñernos de acordo de que é eso da 'potenciación', con cuestións como se é equivalente a unha 'posta en valor' económica ou non: sempre a voltas co modelo de sociedade que queremos.
Adxunto varias fotos como contraste ós papeis que cito, procurando sacar de todo e no só o bonito. O primeiro, o colonialismo do cantón, diminuído en aparencia en relación a como se observa in situ (ver 'pequenas cousas'). A segunda foto corresponde á zona de vestiarios do cine, que despois do amaño que está a sufrir, e vista a entrada á Avenida, haberá que reformas a non tardar. A seguinte corresponde a rúa neopeonil parcial no tempo que é o acceso ó mercado os mércores, e que se pode ver chea de xente, pero con coches aparcados. As outras dúas son detalles sobre vidros rotos despois dunha noite calquera (tomadas esta mesma mañá...)
Etiquetas:
cultura,
economía,
Fotos Ribadeo,
Medio,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario