“O destino perenne dos principios: se ben todos afirman profesalos, é probable que se sacrifiquen cando se volten incómodos”
“O lema de quen se opón ós principios: 'estou facendo o que podo'. Por suposto, o mellor posible dadas as circunstancias”...
Ambas citas están tomadas de Susan Sontag, no seu artigo 'Sobre el coraje y la resistencia' ("Resistencia", La Jornada, México, 12/04/2003). No artigo, deféndense dúas cousas que estimo principais. A primeira, que a postura de loita polos principios ten valor polos propios principios, non pola loita: os principios seguen a selo aínda que caian en desuso, pero a loita despoxada de sentido é eso, non ten sentido. Atención: os mesmos principios dan ese sentido aínda que a vitoria sexa lonxana e dende o punto de vista individual e non social se esteña a 'perder o tempo'.
A segunda, relacionada coa anterior, que hai que escoller ben os principios que defender, pois son eles os que pagan a pena de loitar, que é outro xeito de dicir vivir plenamente: lembro unha canción dun grupo xuvenil que dicía algo así como '... a vida é loita'... e se non se está a loitar, sinxelamente mórrese (e eso, aínda que a loita sexa só a de procurarse o que se estime maior placer posible).
En fin, tento de relacionar as entradas do blog con Ribadeo, aínda pasadas as cinco da mañá no medio dun ruído que impide pensar demasiado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario