20070828
Patrocinio privado
San Roque 2007 en Viveiro: unha empresa ofrece 20000€ e queda como único refresco mercable nos chiringuitos da romería.
Máis ou menos, eso foi o que pasou. E coido que a polémica está servida e con razón. Non tanto porque teña habido un patrocinio, senón polo que representa de fondo, que segundo os detalles de como sucedera pode chegar á compra dunha liberdade pública (que sexa de segunda categoría ou non, por ser un artigo de consumo, é iso, secundario).
E é que os concellos necesitan cartos porque teñen moitas funcións, pero o xeito de obtelos non está nada claro.
E coido que, co anterior, chegou o momento de verquer unha afirmación de Jorge Edwards verquida a semana pasada nun artigo no El País: 'Si no se ejerce presión, las empresas tienen una tendencia casi inevitable a dar el mínimo o menos del mínimo'. A referencia está relacionada cos salarios pagados e coa finalidade última das empresas: gañar cartos. Nunha sociedade estruturada como a nosa, parece natural que as empresas empreguen todas a tretas ó seu alcance para lograr o seu obxectivo, pero parece tameń que hai un certo retraimento a ese 'exercer presión' de que falaba Edwards para que a vida sexa posible para todos e non só para as empresas e a xente que se identifica como cabeza visible delas.
Voltando ó caso de Viveiro: quen está a protestar, os distribuidores doutros refrescos ou a xente por non poder exercer a súa elección?. Coido que comezaron as empresas e eso moveu á xente, como novos peóns nunha guerra na que os xenerais pasaron a ser os 'boss' empresariais. Non é o único exemplo que tivemos por aquí de manipulación nese sentido.
A foto, do Mondigo cuberto de néboa a comezos de mes.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario