20070805
Sentido único, único sentido?
Foron declaracións desta semana: A estrada de Augas Santas (é dicir, do que turísticamente se chama 'As Catedrais') terá sentido único. A Xunta de Seguridade Local acordouno. e xa está pedido. A razón, os embotellamentos. A razón última, favorecer o turismo. E así, unha praia de beleza sin par pasa a ser un obxecto de multitudes. Todos sabemos que para bañarse non é grande cousa en relación con outras. E tamén sabemos que por aí hai terras que para mantelas, se se pon un único sentido, quenes as leven terán que dar unha volta. Non embargantes, pensouse en facer unha excepción provisional para o camping. É de supoñer que entón os das terras farán a excepción igual, aínda que non sexa contemplado para eles, nunha típica sesión máis de 'faigo a lei para cumprila a medias'. Non sei, tal como o trae a prensa non entendo moito de que, mentras que se construíron, habilitaron e seguen a construír aparcamentos no mesmo sitio de entrada tradicional do monumento, se estableza un único sentido nun tramo que dende o novo acceso supón 500m medidos polo sixpac ata a parte máis achegada á cafetería (claro que, se se fai así, tamén hai que establecer sentido único ata a saída da praia de San Miguel, máis de 500m máis). Tal como parece que está pensado, coido preferible construír o aparcamento xusto ó final do acceso 'ben feito' e facer un pouco de pernas (500m), co que se contribuiría á saúde da poboación e e tamén á do medio na zona, e aínda a un menor consumo de combustible e un uso máis fluído para o resto da estrada afectada (o retorno por Reinante), así como menos problemas polo aproveitamento comercial da entrada (zona de Ribadeo segundo a dirección obrigada prevista), preferible ó da saída (zona de Barreiros) ... o malo é que xa se quixo achegar todo tanto á xente que o monumento natural, por arriba, comeza a parecerse máis a un aparcamento que a un monumento. Menos mal que se soe contemplar dende abaixo.
A imaxe amosa a glorieta na estrada (negro), aparcamento principal (vermello), e o acceso que vai quedar de dobre sentido (liña vermella). A estrada que se pretende de sentido único vai dende o final da liña vermella ó aparcamento (e seguiría para darle continuidade ata a praia de Reinante)
Por así dicilo, o darlle un sentido único a esa estrada é algo como darlle un único sentido ó monumento, que pasaría de monumento, obxecto turístico, zona de expansión e praia a obxecto turístico de xeito exclusivo (non é o mesmo)
Sinto que a explicación está incompleta, pero polo momento queda así, e boa parte do sentido do blog está precisamente en xerar ideas e discusión dentro dunha orde.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
Tampouco eu o comprendo ben. Cando se instalaou o restaurante no lugar onde se atopaba un "chabolo-kiosko de praia" tivo lugar unha protesta forte por parte de ADEGA, penso que tamen formaba parte quen agora é alcalde de ribadeo. O aparcamento non ocupa a rede natura? Discriminados
Publicar un comentario