20070829

Tormenta sobre Ribadeo: a nova de hoxe

Por esta volta, non é en sentido figurado. A tormenta desta noite, máis aló das 5 da mañá (seino pola xente que saiu do local de enfrente) foi relampagueante, auténticos fogos de artificio naturais máis vistosos que os artificiais. Parece que anunciara as festas patronais, e deles poderia sacarse unha película para anuncialas.
Aproveito para poñer as convocatorias culturais que me chegaron antonte no correo:

Ribadeo cultural

MÚSICA … DE PELÍCULA

A Coral Polifónica de Ribadeo nun concerto de música de cine. Será o mércores 29 ás 21.00 horas no auditorio Hernán Naval.

Entrada de balde.

E ás 22.30 horas, ON & OFF despídese por este ano. A última proxección de

curtas será no campo da festa da parroquia de Santalla de Vilausende.

O MUSIQUEO acude á súa cita un ano máis. Desta vez, subindo ao escenario o mellor dos grupos musicais e djs da comarca. Organiza a Asoc. Cultural El Viejo Pancho.

Agardámosvos o xoves 30 ás 21.30 horas na praia dos Bloques

FADOS

Caixa Galicia convídanos a escoitar a María do Ceo no seu ciclo As nosas músicas. Será o venres 31 ás 22.00 horas no porto de Porcillán.

( Os que manexedes a axenda trimestral reparade en que muda o lugar.)

EXPOSICIÓNS

Comezamos setembro con dúas mostras diferentes. O sábado 1 inaugúrase ás 13 horas na OMIC Nazón de Breogán, que estará na nosa vila até o día 15. Percorre o país organizada pola Consellaría de Vicepresidencia.

“…Esta exposición quere explicar por que cantamos no himno galego a nazón de Breogán e mesmo por que temos himno. Por que hoxe somos recoñecidos pola Constitución Española como cidadáns dunha nacionalidade chamada histórica. Por que hai 70 anos tivemos xa un Estatuto de Autonomía. Quen foi que se empeñou en tal cousa e por que. Por que Galiza non acadou historicamente un Estado moderno propio. Por que deixamos de ser reino. Por que este territorio pasou de ser soar de tantas casas nobres a non ter ren…”

Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea. Comisario da mostra.

E desde o día 1 ao día 23 , fieis ao noso desexo de dar a coñecer o mellor da plástica na Mariña, Quique Guerra , logo de mostrarnos o seu mundo escultórico en Mariñarte, expón no forte San Damián a súa pintura.

Sábado 1 de setembro

50 ANIVERSARIO DA BIBLIOTECA EL VIEJO PANCHO

Ás 20.30 horas: Acto institucional e presentación da revista no salón de actos da casa do Concello.

Ás 21.30 horas , concerto de Álvaro Quintanilla (violonchelo) e Daniel del Pino (piano) no auditorio Hernán Naval.Obras de Beethoven, Mozart, Bach e Brahms.Entrada de balde.

Até o día 17 de setembro, exposición conmemorativa na biblioteca municipal.

125 anos de teatro galego

O 13 de agosto de 1882 estreouse no Liceo Brigantino “A fonte do xuramento”, de Francisco María de la Iglesia. Foi o primeiro texto teatral en galego do que temos noticia da súa estrea. A Consellaría de Cultura e Deporte , por medio da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, xunto co IGAEM , queren celebrar este aniversario.

Por iso, bota a andar unha xira na que 25 espectáculos erguen os panos dos teatros . Máis de 40 concellos reciben a visita.

A Ribadeo chegan dúas obras. A primeira delas, Romeo e Xulieta, de Teatro do Noroeste.Dez novos actores e actrices de menos de 23 anos cunha ollada nova sobre unha historia de sempre.Será no Hernán Naval, o domingo 2 ás 20.30 horas .

Entrada de balde.

3 comentarios:

ajaspino dixo...

Boas, non soo dicir nada sobre os deseños nos blogs, nin as cores utilizadas, nin as tipografías utilizadas... pero Antoni, penso que desta volta abusaches algo do editor de texto de Blogger :(

Penso que como o estabas a levar estaba de pinga... penso que agora hai un batiburrillo de cores e tamaños.

agremon dixo...

... si, fixen un abuso... de cortar e pegar, dende o correo electrónico recibido ó blog.
Outras veces só copiaba texto; esta, para ver como quedaba, copiei todo. O resultado está a vista.

agremon dixo...

Por certo, voltarei a facelo como de costume.