O seu título: Os que contaminan deben pagar a factura
...'xa non se trata de se podemos permitirnos o luxo de facer algo para remediar'...'senon de se podemos permitirnos o luxo de non facer nada'.
...'ten moito máis sentido usar a forza dos mercados - o poder dos incentivos - que depender da boa vontade, sobre todo no caso '...' cuxo único obxectivo é obter os máximos beneficios, independentemente do custe para outros'.
Logo pasa a falar dos incentivos encubertos á 'industria', como no caso que nos ocupa pode ser a celebración dunhas xornadas cunha festa da cervexa (o que pasou en Ribadeo no mandato consistorial pasado) ou algo que a primeira vista pode resultar máis controvertido, a subvención e organización de transporte nouturno para a movida. E non son os únicos casos.
O artigo titúlase como poño arriba, está escrito por Joseph Stiglitz e trata das causas do cambio climático. Foi publicado o 19/11/2006 na p.17 de El País. Stiglitz foi, entre outras cousas, Nobel de Economía no 2001.
Ningún comentario:
Publicar un comentario