20070827

Un correo que me chegou sobre a cidade da cultura de Santiago (2ª de hoxe)

"Estase a crear unha plataforma para correxir o despropósito da Cidade da
cultura, o que creo interesante . Por iso enviovos a información seguinte:

Un saúdo e boas vacacións a todos.

Tedes máis información en " culturasimausoleonon.blog.com "

Hay unha reunión o mércores en Santiago ás 11 da maña na cafetería da EGAP
"POLIGONO DAS FONTIÑAS S/N "

cultura si mausoleo non 2007/08/23
CULTURA SI

MAUSOLEO NON

Plataforma Cidadán

Pola eliminación do Proxecto da Cidade da Cultura e a reconversión das obras
e edificacións rematadas en instalacións útiles para a sociedade galega.

Pola depuración de responsabilidades penais ante o cúmulo de irregularidades
desde o inicio do proxecto.

Pola anulación dos orzamentos destinados ao Proxecto da Cidade da Cultura e
a súa inversión en Sanidade,Educación e Servizos Sociais.

O capricho faraónico de Manuel Fraga Iribarne, coñecido como Cidade da
Cultura, ubicado no monte Gaiás de Santiago de Compostela, non pode
converterse nun saco sen fondo, para o que destinar centos de millóns de
euros que van hipotecar os orzamentos galegos nunha infraestrutura valeira
de contidos, inútil culturalmente e representativa dunha arquitectura
espectáculo que en Galiza supón un derroche dos fondos públicos. Van xa
373,7 millóns de euros invertidos nun complexo que triplicou o seu custe
inicial e que vai continuar a ser unha sangría de cartos de todos os galegos
e galegas, destinados a unhas obras innecesarias e que non responden a
ningún proxecto cultural fiable e crible.

En Santiago de Compostela, a finais do mes de agosto de 2007, cidadáns do
común, galegos e galegas conscientes do derroche inxustificado que supón a
Cidade de Cultura constituímos a PLATAFORMA CIDADÁN CULTURA SI, MAUSOLEO
NON, que ten como únicos e principais fins os seguintes:

1º. ELIMINACIÓN DO PROXECTO DA CIDADE DA CULTURA. DISOLUCIÓN DA FUNDACIÓN
CIDADE DA CULTURA E NON EXECUCIÓN DE MAIS OBRAS E INSTALACIÓNS QUE FORMAN
PARTE DO PROXECTO INICIAL APROBADO POLO GOBERNO DO PARTIDO POPULAR NA XUNTA
DE GALICIA.

2º. ANULACIÓN DOS ORZAMENTOS DESTINADOS Á CIDADE DA CULTURA E RECONVERSIÓN
DE TODAS AS CANTIDADES EN CONCEPTOS DE SANIDADE, EDUCACIÓN E SERVIZOS
SOCIAIS.

3º.APROVEITAMENTO DAS OBRAS EXECUTADAS E EDIFICIOS REMATADOS PARA ALBERGAR
TODAS AS INSTALACIÓNS DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA EN SANTIAGO DE
COMPOSTELA.AFORRÁNDOSE O PAGO DE ALUGUERES E DESTINANDO OS EDIFICIOS EN
PROPIEDADE A OUTROS FINS CULTURAIS E SOCIAIS PARA USO E DISFRUTE DE TODA A
CIDADANÍA.

4º.DEPURACIÓN DAS RESPONSABILIDADES PENAIS A QUE HOUBERA LUGAR, POR PARTE
DAS AUTORIDADES DOS DISTINTOS GOBERNOS DA XUNTA DE GALICIA, POLO QUE DAMOS
TRASLADO Á FISCALÍA ANTICORRUPCIÓN DO INFORME DO CONSELLO DE CONTAS DO ANO
2004, DAS DENUNCIAS APARECIDAS NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN GALEGOS E DAS
EFECTUADAS POR ORGANIZACIÓNS SINDICAIS.

5º.RESPONSABILIZAMOS AO GOBERNO BIPARTITO E NOMEADAMENTE Á CONSELLERÍA DE
CULTURA DA CONTINUIDADE DUN PROXECTO QUE COMPROMETE O BENESTAR E A CALIDADE
DE VIDA CUNHAS INVERSIÓNS QUE DEBERÍAN SER UTILIZADAS EN CREAR BENESTAR E
RIQUEZA PARA GALIZA.

* Se queres formar parte ou apoiar a plataforma "Cultura si mausoleo non"
envia os teus datos a: culturasimausoleonon@gmail.com . O teu nome e
profesión saira publicado na lista de apoio do blog."

Ningún comentario: