20070814

Visións de Ribadeo cara fóra



As veces, un sáese das rutas habituais e pode comparar con cousas novas. Se alguén quere empregar un paseo en algo un pouco diferente do habitual, pode chegarse ata san Miguel en marea baixa e mirar as novas zapatas da ponte. Verá que non chegan todas á mesma altura, senón que teñen a mesma altura dende o chan: en marea baixa, a primeira zapata sobresae ben da auga, mentres que a segunda vese só a parte inclinada. Un pouco máis adiante pola estrada do faro seguen as obras de contención do talude derrubado hai ano e medio longo. A solución incorpora unha especie de pasarela de formigón metida na beira alta do cantil que se encargará de soportar o peso do paso rodado e peonil, complementada por remaches tentando asegurar a consistencia para que non sexan doados os desprendementos cantil abaixo da 'pasarela'. De aí, e ante a imposibilidade de pasar pola obras, pódese coller a alternativa da estrada accesoria á autovía, para contemplar de preto os muros de contención acústica, e un pouco máis adiante pasar por baixo dun dos pasos para contemplar agora o espectáculo de coches parados, a retención das obras. Algo diferente que se pode ver estes días en Ribadeo tendo coidado de que non atropellen a un pola estrada accesoria e accesos a Vilaselán...
As fotos, da retención da ponte, hoxe, cando tiña máis ou menos 1km.

Ningún comentario: