20070927

Que bonitiño que é ou 'as Reservas da Biosfera saen gratis'

Recopilemos: unha zona que inclúe a ría de Ribadeo, e que se extende por Asturias e Lugo foi declarada Reserva da Biosfera. Con ela, o terceira parte da provincia de Lugo é Reserva da Biosfera. Por se alguén se facía ilusións (algún alcalde querendo capitalizar o tema, pro exemplo), ven a conselleira asturiana correspondente e enméndalles a plana: 'é un título honorífico', di. Ou sexa, o cativiño é bonitiño, porque total, para o que costa dicilo...
O que non significa que non se poda rendibilizar dalgún xeito. Como propaganda, por exemplo: estamos nunha Reserva da Biosfera, terán dito Calvo Sotelo e demáis como representantes ribadenses estes días en Madrid a contas de representantes ribadenses na xuntanza das vilas mariñeiras da España verde. E, ademáis, xa chega a autovía dende Asturias (bo, case, é unha pequena mentirixiña), aínda que pola parte de Galicia (de onde veñen menos turistas, non fai tanta falla) a autovía non será completa ata 2011 (e de aquí aló, os retrasos que acumule).
Solucionará o vivir nunha Reserva de Biosfera o ruído da noite? Fernando, que vivimos nunha reserva da Biosfera, non debe haber problemas de aparcamento! ... coido que non é por aí: se se usa como propaganda para atraer turismo, ó mellor os problemas medran, non diminúen.
Ademáis, así aínda hai unha compensación / explicación para o tema da autovía: somos unha Reserva da Biosfera, a autovía ten que pensarse moito e por eso é lóxico que acumule retraso... ou aínda, para que queremos inversións estatais, se xa temos as subvencións que representa a marca 'Reserva da Biosfera'? Nun mundo de imaxe e símbolos, onde o real se difumina no virtual e as apariencias son puro teatro da vida (xa o teatro clásico español afondaba neste concepto), aquí temos outro fito máis nese sentido: como moito, un recoñecemento de que a zona aínda se vai mantendo ben porque 'tivo a sorte' de non estar moi desenvolta, non unha protección inmediata para que se manteña mellor, desenvolvéndose dun xeito saudable..

1 comentario:

ajaspino dixo...

Boas, nestes días (e noites) ando a traballar nun proxecto educativo sobre o cambio climático, cando o remate (espero que nestas semanas9 xa che enviarei un ligazón ao tingalo este que vai con xogo pra nenos (de plataformas, oiga), documentación, ludoteca, biblioteca, foros e blogues... así de entrada, aunque nestas cousas nunca se sabe.

Ah, e información pra descargar ao móbil. Ti non o descargues, xa cho pasarei vía bluetooth... ;)