20071022

40 horas despois, con Molière por medio




Hai cousa de 40 horas, Touriño e Areces, Presidentes autonómicos, reuníanse no medio da ría de Ribadeo escenificando unha especie de obra de teatro, o teatro da vida, con base na proclamación de Reserva da Biosfera. Trinta horas despois, era o Teatro do Morcego o que interpretaba 'Le bourgeois gentilhomme' de Moliêre, unha obra clásica que resultou ben empastada (ó meu ver), e na que salvo por pequenas adaptacións, non se lle notou o paso do tempo. Curiosamente, as adaptacións quizais maiores podían pasar desapercibidas por integradas (como a recuperacón da música do tempo ou o teatral inicio con encendido de velas), pero algunha pequena, como a alusión á liberación de Palestina dun xeito que coido quería ser case subliminal (no medio dunha linguaxe incomprensible semellando turco). Tampouco pasou desapercibido (alomenos a min) o coidado da filtración no ángulo superior dereito do Hernán Naval, preto do esceario, que se 'representa' na pequena figura e que lembra que arriba, xusto encima, con diversa maquinaria hai un cuarto que leva anos xa coa porta tirada e entrada libre (posto varias veces en imaxe neste blog).
En fin, a actualidade do teatro ben realizado por séculos que teña dende a súa orixe contrasta co outro teatro lembrando ó 'carrus navalis' romano, que en parte se cree predecesor do carnaval / antroido actual: encontro no medio da ría en embarcacións privadas, con escolta pública, alquiler dunha embarcación asturiana para vir a Galicia e dar un par de discursos a xente con asistencia protocolaria tentando pedir para que se lles collera na foto nesa acción... en fin, esaxero un pouco, pero o antroido é así moitas veces: esaxeración da representación (sobrerepresentación) para tentar que se colla como verídica unha realidade que resulta absurda só porque é representación e sábese.

Ningún comentario: