20071012

509 anos

Hoxe celébrase o 509 cabodano dun feito que uniu dúas ramas da humanidade: o encontro de Cristóbal Colón cun continente ata entón ignorado, e cos seus habitantes. Daquel encontro seguiron ata agora unha serie de interaccións, cada vez máis, nas que os pobos herdeiros da nosa cultura impoñeron por diversas circuntancias os seus criterios, cultura e demáis.
Hoxe, 509 anos despois, presento unha elección de enseñas (tomadas da Galipedia) a escoller: podes escoller unha, varias, todas ou ningunha (as dúas últimas opcións poden ser, as veces, intercambiables). Podían poñerse moitas máis, pero para ir escollendo, chegan.

É moi posible (seguro) que as ideas de Colón foran por outro camiño, pero o plantexarse hoxe a festa como da hispanidade en troques da humanidade (unha máis) antóxaseme como diminuír a xesta dos nosos devanceiros.

Ningún comentario: