20071024

Así llas poñían a Fernando VII

Foi a anécdota básica coa que me quedei do pleno municipal de onte. Unha corrección que marcou o comezo de resposta do alcalde, Fernando tamén, a unha intervención de Paco Rivas que rematou cun 'así llas poñían a Felipe II'.
O pleno, sen moita trascendencia, extraordinario, tivo puntos sen moita discusión. O segundo, a aprobación dunha nova fase do ARI, área de rehabilitación integral do centro histórico, para o que remataba o prazo. O terceiro, o trámite para liberar a Aquagest da xestión da nova depuradora (necesario para que a Xunta se faga cargo de todo, incluído a xestión posterior á construción e o mantemento, como pretende) que foi o que deu lugar a un pequeno debate por parte da UPRi pois implica que se vai a ter que pagar a Aquagest por un 'seguro de pago' que se tiña asinado no contrato, e se que vai repercutir nos veciños como servizo cobrado e non prestado (xa que se encargará a xunta). O cuarto, o comezo dunha investigación sobre se parte da esquina da Avenida Rosalía de Castro e a rúa Camilo Barcia Trelles (antiga estrada de Vilaselán) é de titularidade municipal ou non.
Non moito para un pleno do que me enterei por casualidade.
Por eso, e para distender, unha nova musical de fóra de Ribadeo: De Jamendo, plataforma de música libre, anuncian que teñen 5000 álbumes disponibles para descarga na súa web. A nova serve para acompañar o premio de Rubén Ruibal, Rubén Ruibal, Premio Nacional de teatro con 'Limpeza de sangue', que aínda non foi representada despois de ter gañado o correspondente premio galego. Polo que parece ten dificultades para a súa representación a pesar da calidade amosada. O motivo? ...

Ningún comentario: