20071001

Asimetrías

Eso é o que quedo pensando cando vexo o do irmanamento de Lugo con China. Dunha cidade non moi grande co país máis poboado do mundo. A conta dunha muralla que me gusta moito, pero de 3km con outra de 1000km.
E véñenme á mente outras asimetrías das que me decatei nas últimas horas. Un grupo de rapaces de Ribadeo preparando a viaxe co equipo antes das 10 da mañá (antes que os directivos, ó que parecía) mentras aínda quedaba pola rúa algún moinante da noite anterior. Non me gustou nunca demasiado mirar para o futbol (practicalo era outra cousa), pero fíxome mirar un partido con máis simpatía.
Os ultraortodoxos israelíes consumirán luz o 'sabbath' xa que chegaron a un acordo coa compañía: ese día só traballarán 'xentís'. Ou sexa, para que os xudeus descansen, os outros vense forzados a traballar ese día.

Ningún comentario: