20071014

Chámalle Deus


O título significa diferente segundo que puntuación e en que contexto. Hoxe domingo, día da inauguración da casa parroquial adicada a D. Enrique López Galuá, houbo (tiven) unhas cantas ocasións para preguntarme sobre o tema.
A placa di algo así como:
"Parroquia de Sta. María de Ribadeo. Casa adicada ó ilustre párroco D. Enrique López Galuá, Camareiro Segredo da Súa Santidade, nomeado de xeito honorífico pola Santa Sé. Na súa perpetua memoria, no ano do Señor de 2007" (se alguén me da unha traducción máis precisa, estará nos comentarios).
Hoxe non lle adicarei moito a López Galuá, abonda dicir que foi párroco ribadense durante 54 anos e que se moveu abondo para facer obras para igrexa e cos pobres (aínda que din que precisamente por eso tiña moito contacto cos ricos). Hoxe sae na Comarca unha semblanza del. A continuación poñerei unha pequena reportaxe fotográfica.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

O cura de pita. Non lembro ben pero penso que estivo ligado a represión en Ribadeo, o que si lembro perfectamente é que cando morreu meu abo quería manda-lo para o cemeterio civil.
Discriminados

Anónimo dixo...

Corrixir unha cousa. Enrique López Galua era o represor, non o cura de pita que foi o seu predecesor.
Hoxe entereime preguntando a Gilberto.
Discriminados.