20071026

Complementos




Despois de poñer os artigos de Evaristo Lombardero sobre a ría de Ribadeo onte, repaso os apuntes do pleno e vexo que me quedou un detalle: só estaba un dos tres representantes socialistas no concello, Carlos. Coido que para o que se trataba que non ía ter importancia algunha (así o demostrou a votación), pero non deixa de ser unha curiosidade.
A complementos tamén van dirixidas diversas obras que nestes momentos se fan en Ribadeo: os badéns de pedra do paseo marítimo, xa máis que mediados, coinciden no tempo coa obra de remoce da rúa Ramón González, da praza do mercado (R/Dr. Moreda) ata a Avda. Rosalía de Castro. E digo a avenida e non san Roque porque a sinalización (semáforo incluído) colle un cacho do cruce.
As tres imaxes de oxe corresponde a algún tipo de propaganda. A primeira, a contraportada do folleto da exposición 'Nazón de Breogán', que non fun a ver no seu día, pero vin que o folleto traía cousas interesantes, e leíno. O peor, a introdución institucional e a presentación; o interior, para min, bo con poucas palabras. Pode que aínda no interior lle quede algo de orientación política, aínda que coido que sería dificultoso plantexalo como propaganda política...
O segundo e terceiro, dúas partes do folelto despregable sobre as vilas mariñeiras do 'Clube de municipios de excelencia turística da España Verde'. Este, auténtica propaganda coa información mínima para saber que se está en Ribadeo e non en Madrid, poñamos por caso.

Ningún comentario: