20071009

Contrastes

Un lugar paradisíco, para quedarse contemplando, cheo de trasiego aínda en circunstancias adversas. Un cartel avisando de que a zona natural está protexida, nun estado que di moito sobre a falta de protección (mellor, sobre o esquecemento) do mesmo cartel. Un aviso sobre a falta de accesos para minusválidos para preservar o lugar, poñendo en claro que próximas hai outras praias que si os teñen, mentras o mesmo cartel, de boa dimensión, está interrumpindo esa 'unión coa natureza' que pretende fomentar co aviso. Aparcamentos ben dispostos, pero en frente, tamén en terra, ... e entre ambos, os coches na beira da calzada. Protección avisada por todos os lugares e o edificio da cafetería no medio da festa. As Catedrais en carteis, Augas santas limitado ó chan da pequena ponte de madeira. Cartel avisando qde que esta é a praia extrema do paseo (en Ribadeo, claro), e tratando ... de que o mar representa o 70% da superficie terrestre. Contedores, e lixo visible. Herba ben coidada arredor do local de hostelería, perda de vexetación no pequeno xardín de acceso, ou en toda a beira do cantil. E poderiase seguir. O lugar está xa dito. A solución é algo máis dificil, mesmo nalgúns apartados, coido que imposible, pero necesaria en xeral. Sobre as partes que coido 'imposibles', unha pequena lembranza vénme á mente: a deses parques naturais con entrada diaria limitada. E sorrío.

Ningún comentario: