20071012

Curiosidades ribadenses

Deso hai que calificar algunhas das cousa pasadas onte. Por citar só dúas, a caída de parte dunha pluma de grúa e a procura dun coche para o concello.
a primeira, en plenas catro calles, a grúa referida no blog hai uns días, sufríu un acidente ó soltar parece que un operario o cable que mantén unida pluma e contrapeso. De rebote do feito, o último tramo da pluma da grúa (é dicir, da parte horizontal elevada) saiu despedido contra o chan. A cousa ocorreu na primeira parte da mañá sen ter que lamentar desgrazas persoais, pois había pouca xente por alí. A grua amosaba ás claras algo do ocorrido, e o chan, tamén. As fotos, se é posible, hoxe. Respecto ó que manexaba o tema nese momento, quen me deu a nova aclaroume que non debía ter participado nos cursiños de grúa do Porta da Auga (aínda que un despiste, por gordo que sexa, teno calquera)
Se o primeiro parece que foi un fallo humano que poido ter consecuencias salientables, o segundo tamén foi fallo humano, pero con consecuencias risibles: parece ser (tampouco fun testemuña do tema, pero a radio mantivo un longo cachondeo ás expensas do mesmo) que o ex alcalde largouse cara a Celeiro a recibir pola súa conta, en coche particular, unha furgoneta destinada por Pesca ó Concello de Ribadeo. O tema foi algo confuso, como ocorre nestas situacións, pero coido que en poucas palabras, alegou algo así como que tiña tempo e que ía acompañando a outra persoa, funcionario el, que fora chamado polo encargado de pesca en Celeiro para a recollida da furgoneta, e que el fixera de calquera xeito, todas as xestións. No concello, o Alcalde, nin idea do tema da recollida. A lembrar que hai poucos días que houbo unha xuntanza comarcal do PSOE... É dicir, de despiste, como no caso anterior, nada.
Non foron os únicos temas, pero coido que chegan, por eso de que para mostra, abonda un botón.

Ningún comentario: