20071030
A dificultade do cambio de hora
Este ano estame a costar a adaptación do cambio de hora. E eso que é para retrasar o horario, e non para adiantalo como na primavera. Faíme pensar sobre a dificultade de adaptación doutras costumes, por exemplo, as relacionadas coa ecoloxía. Cun fondo precisamente de mar de fondo, que se deixa oir, paso a considerar algo parello ó anterior: California como exemplo para Ribadeo. Neste caso, como mal exemplo, ó estilo do dito de 'cando vexas as barbas do teu viciño cortar, pon as túas a remollar. O que deu pé á unión da dificultade de cambio de costumes co exemplo de california para Ribadeo foi unha cita dun periódico noutro (Los Angeles Times en El País): 'He aquí el principal fracaso preventivo: las decisiones de planeamiento urbanístico que permitieron el desarrollo demográfico de esas zonas'. A cita ven a conta da explicación do por que da oleada de incendios que deixou asolada parte de California a pasada semana, pero da para pensar sobre o urbanismo na zona, despois das xornadas de Mondoñedo do outro día ou o debate na tvg de anoite, ou os reiterados avisos de que as novas vivendas de Barreiros non teñen asegurado o subministro de auga (ou a emisión posterior desa auga en condicións salubres). vamos, que somos animais de costumes ... que costa cambiar.
A foto, dun mirador vixía / gurugú ribadense, o da casa indiana da atalaia que complementa as fotos do aspecto tan diferente postas nos seu momento.
Etiquetas:
arquitectura,
educación,
filosofía,
Fotos Ribadeo,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario