20071028

Foguetes para San Rosendo

Despois de enterarme que as reliquias de san Rosendo estaban de viaxe pola zona, tocoume estar en Mondoñedo cando chegaron e saber tamén como fora a cousa por Ribadeo. Polo que parece, en Ribadeo, venres, foron ricibidas con seriedade (sacerdote revestido) e punto. En Mondoñedo onte non sei se as recibiu un sacerdote 'normal' ou o Bispo, pero botaron fogos en más duna ocasión. Diría que máis ou menos cando comezou o traslado dende Ribadeo e logo cando chegou ó punto de destino. Polo que parece a sensibilidade é diferente. Ou pode interpretarse doutro xeito?
Aínda que pareza que non teña moito que ver, o motivo de estar onte en Mondoñedo foron as xornadas sobre a Rede Natura (xa falarei algo delas). Alí, unha das intervencións deume pé a pensar nas relacións entre psicoloxía e socioloxía para levar a cabo os movementos de cambio de mentalidade e mesmo de normativa en relación á ecoloxía, pero tamén na participación veciñal, por exemplo. Na lentitude dos progresos que se logran e tamén en que os progresos lógranse aínda que pareza que non.

Ningún comentario: