20071014

Inauguración da casa Galuá (III)


As imaxes son do primeiro arco segundo se entra na casa. Polo que parece, os arcos datan do século XIII e pertencían ó convento instalado á beira da igrexa. Na primeira foto vése ó fondo á dereita a entrada, e á esquerda a traverso doutro arco, dúas salas da distribución. Outra das fotos presenta unha vista parella pero xirada (comparar o pomo da escaleira). A terceira presenta o mesmo arco dende a entrada. Este arco, pola parte de dentro, ten a súa beira roma.

Ningún comentario: